Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 19/04/2023 | Actualizada ás 10:33
A xuntanza do pasado 17 de abril entre o Presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Castellanos, e o mandatario da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, serviu como primeira toma de contacto entre as dúas institucións de cara a esta nova etapa que se abre camiño. Na reunión abordaron os retos do sector vitivinícola de Valdeorras para seguir situando os brancos e tintos da D.O. como referentes de prestixio.
Entre estes obxectivos, Rodríguez Castellanos sinalou que se precisa poñer o acento no control de calidade, para obter viños que posúan aínda “unha maior identidade”, e na intensificación da promoción favorecendo que as adegas da comarca presenten as súas referencias e se poñan en valor nos principais concursos nacionais e internacionais.
Xunto a isto, o novo presidente da D.O. agradeceu a Baltar a achega económica de 80.000 euros facilitada pola Deputación Provincial para acometer obras de acondicionamento na sede do Consello Regulador, en Vilamartín de Valdeorras.
Rodríguez Castellanos acudiu á xuntanza co presidente da Deputación Provincial de Ourense acompañado do vicepresidente do C.R.D.O. Valdeorras, Roberto Fernández, e do vogal do organismo, José Guitián.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.