Sabes cales son os xéneros literarios que máis gustan?

Un estudo de BBVA afirma que en España houbo un aumento nos últimos anos das persoas interesadas na ciencia e a literatura.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 23/04/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros en España 2022 sinala que máis do 60% da poboación española le libros por ocio no seu tempo de lecer. En concreto, un 64,8% das persoas consultadas afirmaron que dedican unha parte do seu tempo libre ao hábito lector.

Imaxe de arquivo de libros.
Imaxe de arquivo de libros. | Fonte: iStock

Outra enquisa, neste caso realizada por Beruby para Amazon Kindle, engade que o top 3 de xéneros literarios máis consumidos en España está encabezado polos libros de intriga e misterio (55%), seguido polos de ciencia ficción, fantasía e terror (43,55%) e polos de non ficción, que engloban política, historia e sociedade (25%).

Neste sentido, un estudo do Departamento de Estudos Sociais e Opinión Pública da Fundación BBVA sobre Cultura científica en Europa afirma que no Estado fálase cada vez máis sobre temas científicos e tecnolóxicos, xa que a poboación ten actitudes favorables cara á ciencia e aos avances científicos. O estudo destaca especialmente o aumento do interese na ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade española.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta