Detido o incendiario que se adicaba as fins de semana a queimar colectores de lixo en Silleda

O home de 42 anos botaballes un líquido acelerante.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

Un home de 42 anos foi arrestado pola Garda Civil como presunto responsable da queima de varios colectores de lixo no centro de Silleda. Segundo informou este mércores a Garda Civil, a detención produciuse o pasado sábado 15 de abril unha vez concluídas as pescudas iniciadas a comezos do mes de marzo.

Durante varias madrugadas de fins de semana, o presunto autor destes feitos dedicouse a camiñar polas rúas de Silleda para prender lume aos colectores, aos que botaba un líquido acelerante. A investigación derivou na identificación deste home, de 42 anos e veciño de Silleda, ao que se lle imputan danos no mobiliario urbano valorados en 7.700 euros.

Colector marrón
Colector marrón | Fonte: EMTRE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta