Yolanda Díaz podería levar unha parte importante de votantes da esquerda según o CIS

Acadaría o 36% dos electores de Podemos e EU, pero tamén o 8% do PSOE e un 10% do BNG.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/04/2023 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

A plataforma Sumar, liderada pola vicepresidenta Yolanda Díaz, conseguiría o apoio dun 36% do electorado de Podemos e Esquerda Unida se as eleccións fosen mañá, pero tamén captaría case un 8% dos votantes do PSOE e un 10% dos electores do BNG según os resultados do barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), correspondente ao mes de abril.

As maiores fugas cara a Sumar saen de votantes de Compromís (60,95%) e Máis País (59,4%) formacións que asistiron ao lanzamento da plataforma. Pero Sumar tamén pesca votos noutros caladoiros, como o Bloque Nacionalista Galego (BNG), onde o 10,2% dos seus votantes xa avanza o seu respaldo a Díaz ou o 7,8% de votantes do PSOE que anuncia que optará por Sumar. Ao igual que farán o 7,2% dos de EH Bildu, o 5% de ERC e ata un 0,8% dos de Ciudadanos. Tamén están nesa tesitura un 5,7% de novos votantes e un 3,6% dos que se abstiveron en 2019.

HOMES E MULLERES DE ENTRE 25 E 54 ANOS

Por franxas de idade, Yolanda Díaz concentra un apoio de entre o 9,6% e o 10,5% entre as persoas de 25 a 54 anos; entre o 8,9 e o 8,5% entre as de 55 a 74, baixa ao 6,1% entre as de 18 e 24 e ao 2,3% entre as maiores de 75

No barómetro do CIS de abril Yolanda Díaz volve ser a líder mellor valorada. En concreto, quen confesa que votou a Podemos e EU en 2019 outorgan a Díaz unha nota de 7,5, mentres que á líder do partido morado danlle un 6,10 e á ministra de Igualdade un 6,21

Os votantes socialistas danlle a Díaz un 6,2 de media e o CIS tamén arroxa o dato de que entre o electorado do PSOE hai un 14,5% que a quere de vicepresidenta en Moncloa. No de UP, Díaz é a favorita para o 49,3%, fronte ao 20,1% que prefire a Pedro Sánchez de presidente.

Yolanda Díaz
Yolanda Díaz | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Moine

A pergunta é: Quem está detrás da campanha da "Caudilha"

1 one republic galician

Non saben o que facer para vender o lixo iste!!!! por certo saben algo do caso pederastia no parlamentiño do asesor que tiña o ordenata cheo de imaxes de porno con nenos pequenos...