Nova edición do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez

O Concello de Verín, en colaboración coa marca de distribución alimentaria GADIS, impulsa esta iniciativa para darlle pulo á creatividade literaria do alumnado dos centros de ensino da comarca.

Por Galicia Confidencial | Verín | 22/04/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

As bases pódense atopar na propia páxina web do Concello de Verín e como punto de partida cómpre sinalar que o concurso está destinado a matriculados/as en Primaria (5º ou 6º) 1º, 2º, 3º e 4º de ESO de todos os centros da comarca.

Festival Letras Galegas (arquivo). Foto: Concello de Verín.
Festival Letras Galegas (arquivo). Foto: Concello de Verín.

Os poemas serán orixinais e inéditos, de tema libre e escritos en galego. Poden levar título, presentaranse con pseudónimo e non pasarán os 24 versos sobre un formato DINA4.

PRESELECCIÓN E SELECCIÓN

Haberá unha primeira fase de preselección na que segundo o criterio do centro escolleranse un máximo de 3 poemas en cada unha das tres categorías que se teñen en conta. Iso é 5º e 6º de Primaria, 1º e 2º de ESO, e 3º e 4º de ESO.

Os poemas preseleccionados enviaranse a cultura@verin.gal antes das 12:00 h. do 5 de maio en PDF que se denominará con pseudónimo (utilizado pola persoa autora) seguido de _P56 (se é de Primaria), _E12 (1º e 2º de ESO) ou _E34 (3º e 4º de ESO).

Xosé Carlos Caneiro Pérez
Xosé Carlos Caneiro Pérez | Fonte:

Todas as persoas autoras dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros, mentres que os/as gañadores/as seleccionados/as recibirán os seguintes premios en cada unha das tres categorías: 90 euros para o primeiro premio, 60 para o segundo e 30 para o terceiro. De estimalo, o Xurado pode deixar algún premio deserto.

Os devanditos premios consideraranse como compensación económica pola cesión de dereitos de autor e para acreditar a orixinalidade esixirase unha declaración escrita das persoas autoras ou das titoras.

Ademais, cada centro que presente traballos e cumpra coas bases, recibirá un bono por valor de 60 euros para a adquisición de libros por cada categoría na que participe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta