División no pleno sobre a creación dunha fundación do coñecemento galego a imaxe de Euskadi e Cataluña

Os populares acusan os nacionalistas de querer un "chiringuito" e Pontón replica que o Innogal ten aval dos científicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2023 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

A creación por lei dunha fundación do coñecemento galego, o Innogal, impulsada polo BNG, partiu en tres o hemiciclo con reproches entre os grupos nun pleno marcado pola proximidade nas eleccións.

Non en balde, a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, acusou ao PPdeG e ao PSdeG de "facer pinza" ao non apoiar a súa iniciativa lexislativa, mentres que os populares acusaron os nacionalistas de "copiar" propostas doutras autonomías e os socialistas enarboraron as leis dos gobernos socialistas para censurar a "falta de concreción" da normativa proposta polo principal grupo da oposición.

Así, e tras recoñecer o labor da viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, na elaboración da normativa; a portavoz nacional do BNG foi a encargada de defender a iniciativa lexislativa que, ao cabo, crearía unha fundación para o coñecemento co obxectivo de "crear, reter" e facer "retornar" o talento científico a Galicia, seguindo o exemplo de senllos institutos xemelgos en Euskadi (IkerBasque) e Cataluña (Icrea).

"Un chiringuito", interpretou, pola súa banda, a portavoz popular no debate, Sandra Vázquez, quen dixo que aínda que o vasco e catalán son "modelo lexítimos", ao seu xuízo "non é o modelo adecuado" para Galicia.  Vázquez acusou ao BNG de "copiar e imitar" modelos, ao que Ana Pontón replicou defendendo que "aprender" de experiencias de "éxito" que, ademais, están avaladas polos científicos. 

"CHIRINGUITO"

"A proposta non é necesaria para Galicia, o único que implica é unha nova estrutura a modo de chiringuito, con necesidades de máis presupuxo, máis custo, pero non un mellor sistema de financiamento. Non ten sentido de prescindir dun sistema que funciona por adaptarnos a outros doutras comunidades", sentenciou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presenta a iniciativa lexislativa para promover o Innogal
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presenta a iniciativa lexislativa para promover o Innogal | Fonte: Europa Press

A deputada do PSdeG Leticia Galego asegurou que os socialistas queren "mellorar a carreira científica" e que as persoas investigadoras poidan levar a cabo a súa "carreira investigadora e non de obstáculos coa angustia de contratos encadeados", pero mostrou as súas discrepancias con esta iniciativa.

Así, "sen dubidar das bondades", manifestou que a lei de ciencia galega en 2013 precisa "unha modificación profunda e rotunda" polas leis posteriores que houbo e considerou que este documento que se someteu a debate este martes "adoece de dúas limitacións", a "insuficiente concreción" da relación con axentes como a Axencia Galega da Innovación (Again) e que "ignora" as leis aprobadas desde 2013.

"Sinto avergonzada polas intervencións de PP e PSOE", manifestou Ana Pontón na quenda de réplica e peche da presentación da proposta de lei, na que reivindicou que tiveron que levar no seu día a iniciativa para "acabar coa vergoña de que as mulleres tivesen que escoller entre ser nais ou científicas", en referencia á penalización á carreira profesional dos permisos por maternidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta