A Audiencia de Pontevedra absolve dun delito de falsidade en documento a un funcionario que denunciou unha talla

Por E.P. | PONTEVEDRA | 26/04/2023 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra absolveu do delito de falsidade en documento oficial cometida por funcionario público do que estaba acusado un vixiante de estradas adscrito ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra, dependente da Xunta.

Segundo informa o alto tribunal galego, o 8 de agosto de 2018, no exercicio das súas funcións, cursou unha denuncia contra unha empresa por realizar unha talla de dez eucaliptos en zona de dominio público.

"Sen a correspondente autorización administrativa, o que deu lugar á incoación do correspondente expediente sancionador e concluíu coa imposición dunha sanción de 10.001 euros", engade.

Da mesma indica que foi recorrida en vía contencioso-administrativa e foi anulada por defecto de forma na tramitación do expediente. "Non consta que a denuncia formulada polo procesado tivese un contido mendaz", conclúe a Audiencia.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta