Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2023 | Actualizada ás 14:05
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, destacou que o seu partido é "o único", que "ofrece un proxecto nos 313 concellos, 313 equipos de traballo" da Comunidade, xa que "cando se di Galicia entre todos, é todos".
Prado mantivo este venres un encontro na sede dos populares en Santiago cos deputados nacionais e senadores do partido, que "defenden a Galicia por encima de todo ante os ataques frontais do Goberno central".
Deste xeito, resaltou que "votar ao PSOE é votar a falta de compromiso de Sánchez con Galicia". Así, indicou que "está convencida" de que na súa visita prevista para este venres "virá cargado de propagada e de fume, pero de cero medidas reais".
"Sánchez prefire un voto antes que facer chegar os trens Avril e a Alta Velocidade a toda Galicia, antes que impulsar os proxectos estratéxicos dos fondos europeos, antes que a transferir a Galicia a AP-9 ou a xestión do noso litoral", insistiu Prado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.