Temas: XULGADOS XUíZO

Xuízo a dous homes por agresión sexual a unha menor en Pontevedra

O xuízo celebrarase a porta pechada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2023 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes, día 2, o xuízo contra dous homes acusados de agredir sexualmente a unha menor.

En concreto, Fiscalía pide para cada un deles 12 anos de prisión, así como que non poidan achegarse a unha distancia menor de 500 metros á súa vítima durante un período de 18 anos, nin poidan exercer traballos que comporten contacto con menores de idade durante 17 anos. Tamén reclama para a moza unha indemnización de 8.000 euros.

O escrito fiscal recolle que, no caso de que poidan acceder ao terceiro grao, solicítase que a pena restante sexa substituída por expulsión de España e prohibición de regresar por un período de 10 anos. O xuízo celebrarase a porta pechada.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal

Temas: XULGADOS XUíZO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta