Existe "falta de transparencia" na xestión dos fondos de recuperación asignados á Xunta, segundo o PSdeG

Os socialistas anuncian iniciativas parlamentarias para que o Goberno galego de conta das "deficiencias" na xestión dos fondos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/05/2023 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A viceportavoz do PSdG, Begoña Rodríguez, esixiulle ao presidente da Xunta, que de conta da "falta de transparencia" na xestión dos fondos de recuperación xestionados polo Goberno galego, nunha rolda de prensa ofrecida este luns na Cámara galega. Alí anunciou tamén unha batería de iniciativas parlamentarias para que o Goberno galego de explicacións sobre as "carencias" na xerencia advertidas no último informe do Consello de Contas.

Na súa intervención, lembrou que Galicia é a quinta autonomía que recibiu máis fondos de recuperación, ata 2.800 millóns de euros, a metade dos cales son xestionados de forma directa polo Goberno galego. E advertiu que a "transparencia non é unha opción" para o Executivo autonómico, senón unha obriga por canto "está a xestionar os recursos de todos e todas" e esixiulle ao presidente da Xunta que de conta de "cales son as empresas que están a esperar polos fondos e xa coñecen o financiamento por parte da Xunta".

Así mesmo, sostivo que o ente fiscalizador avisa da ausencia de preparación por parte do Goberno galego, así como da falta dunha norma específica para axilizar a xestión dos fondos. Ademais, dixo que suspende na análise da viabilidade dos proxectos e na falta de seguimento da execución dos fondos asignados.

Por último, a deputada socialista asegurou que Contas apunta que "non foi posible verificar que a planificación, coordinación e seguimento das actuacións incluídas no Plan de recuperación alcanzase o grao de desenvolvemento esixible" e destaca a falta de mecanismos de difusión ou comunicación dos plans antifraude, máis aló dunha "publicación e unha ligazón ao manual para novos funcionarios".

A deputada do PSdeG Begoña Rodríguez Rumbo en rolda de prensa.
A deputada do PSdeG Begoña Rodríguez Rumbo en rolda de prensa. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta