Detidos dous mozos de 20 e 23 anos tras agredir a un veciño de Xinzo de Limia e ameazar a axentes da autoridade

Os mozos, de etnia xitana, patearon a un veciño da localidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2023 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

Dous mozos de 20 e 23 anos foron detidos este martes en Xinzo de Limia por supostos delitos de desobediencia grave e ameazas a axentes da autoridade.

Interceptadas dous mozos en Xinzo
Interceptadas dous mozos en Xinzo | Fonte: GARDA CIVIL DE OURENSE


Segundo relata a Garda Civil nun comunicado, os mozos, de etnia xitana, increparon o 6 de maio a un veciño da localidade, ao que agrediron con patadas. Alí desprazouse unha patrulla requirida pola discusión que estaba a ter lugar. As dilixencias trasladaronse ao Xulgado de Xinzo de Limia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta