O Consello Galego de Relacións Laborais conta con dous novos membros en representación da CEG

José Carlos García Cumprido e María del Mar Barreiro Mariño son os novos integrantes do organismo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2023 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores unha orde pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). A orde, da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, explica que a CEG fai uso da posibilidade de substitución de integrantes para acordar o nomeamento dun novo membro titular e doutro suplente do pleno do Consello de Relacións Laborais.

Así, nomea membro titular do pleno a José Carlos García Cumprido, secretario de Fegatramer, en substitución de Carlos Oliete Fernández, o que fose director de Ferroatlántica en Cee e Dumbría e é membro do comité de industria da ICOIIG. Tamén nomea membro suplente a María del Mar Barreiro Mariño, responsable do departamento económico da CEG, que no seu caso substitúe a Marta Amate López, quen era directora do servizo de formación, orientación e emprego da patronal galega.

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugura, por videoconferencia, a xornada A Ultractividade indefinida: novidades e desafíos tras a reforma laboral, organizada polo  Consello Galego de Relacións Laborais.. CONCHI PAZ
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugura, por videoconferencia, a xornada A Ultractividade indefinida: novidades e desafíos tras a reforma laboral, organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais.. CONCHI PAZ | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta