As eleccións da lista de Ames Novo baten o récord dunhas primarias en Galicia

Máis de 500 persoas participaron no proceso que acabou elixindo a Pilar Candocia como cabeza de lista desta formación.

Por Galicia Confidencial | Ames | 02/03/2015 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

Pilar Candocia será a cabeza de lista de Iniciativa Cidadá Ames Novo, unha formación integrada por varios grupos e formacións políticas que se presentará as vindeiras municipais. E o fará co aval de máis de 500 persoas que participaron, presencialmente ou a través de Internet, o que converte a este proceso de primarias no de maior participación de Galicia, segundo os seus impulsores.

Pilar Candocia e outros membros da lista de Ames Novo
Pilar Candocia e outros membros da lista de Ames Novo | Fonte: Ames Novo

O proceso comezou hai un par de semanas cando se candidataron 15 persoas para ocupar os 11 primeiros postos da lista, para o que tiñan que subscribir un estrito código ético. Finalmente, Votaron un total de 529 persoas, das cales foron votos válidos 496. “Foi unha auténtica sorpresa a participación por vía electrónica: 341, se ben 31 destes votos resultaron nulos ou errados.

Precisamente, Ames Novo suliña o feito de que a cifra de votación está por riba do 2,3% do último censo electoral de Ames, “unha participación moi elevada e descoñecida ata o momento neste tipo de procesos”. “Demos todo un exemplo de democracia, cos feitos a Iniciativa Cidadá Ames Novo está demostrando que se pode facer política doutro xeito”, apunta nun comunicado.

Pilar Candocia será a cabeza de lista ao obter 300 votos, e un apoio amplo ao resto dos candidatos nos que a práctica totalidade dos 11 primeiros teñen máis de cen votos cada un. O conxunto da lista electoral completarase posteriormente a través da decisión dunha nova asemblea aberta da Iniciativa. 

Ames Novo destaca que, neste proceso, non só se trata de prometer participación, “trátase de contar coa xente desde o primeiro momento, deixando claro que somos unha iniciativa cidadá no que a xente de Ames decide de verdade, tamén as cousas importantes como o propio cartel electoral”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

5 Manutxinho

Menuda farsa de primarias abertas. Xente da zona de pontevedra recibiu peticións dos candidatos para que votasen mediante o método telemático, cando eles mesmos elaboraron un regulamento de primarias que circunscribe a participación ós Amesáns. Eu mesmo puiden votar mediante o método telématico e posteriormente en urna, emitindo duas veces o meu voto...na miña vida vira tal "innovación" nunhas votacións "limpas".

4 amaeo

Podemos en Vigo, con 3000 " militantes" (mais ben "meghusta" no feisbuk) non xunta nin 250 votos. En Ames co 10% da poboación de Vigo votaron máis de 500, o 2,3% do censo. Saiu Candocia?, pois sería porque os que a votaron así o quixeron non?. Arriscouse a non sair se non a votan. Interesantes locais en Ames este 2015, o rural está farto e movilizado polo problema do lixo, cacicada do actual alcalde para trincar pasta dos veciños. E o lado urbano castigará fortemente ó PP. Cun PP escindido en 2 grupos e sen maiorías, ó mellor estas primarias escolleron á futura alcaldesa de Ames.

1 AmienseMosqueado

Os que a votaron así o quixeron? quen? os que a votaron varias veces? tes razón, o rural está farto de caciquismos e das redes clientelares das que "A Candocia" xa formou parte trincando pasta desos veciños dos que falas.

2 amaeo

Xa sei que é duro. E que os pepeiros amienses morreredes matando, difamando e ghomitanto bile.. pero éche o que hai. O voso tempo xa pasou. De vós só quedan os fillos enchufados no concello e pouco máis...

3 ravachol

O problema do lixo deixouno Carlos Fernández, o socialista cando cogobernaba ca Candocia. O problema do cimiterio igual. O das depuradoras nin cho conto. A falta de postos escolares máis do memo. No pode vir a solventar problemas do Concello quén estivo 8 años na poltrona e foi a caudsante da desfeita económica que padecemos. Unha débeda impresionante.

4 ratiñagolosa

Si oh, resulta que tódolos males do Concello de Ames son culpa dos socialistas e do Bloque. ¿Os 4 anos de non goberno do PP non teñen nada que ver? Os do PP se vos ve moito o plumeiro.

3 hehe

Unha canditatura de peso. Sobre todo a número 1.

1 Schopenhauer

Argumento propio dun nazi.

2 lol

lol

1 tuttifruttiporlamahia

que casualidade que as listas abertas ponham de primeira a quem já era a primeira, grande trabalho para que todo fique donde estava?? pilar candocia essa grande nova politica quase desconhecida até antronte!! e a jovem promesa kike costas!!

1 César Pena

Non me queda claro o método de elaboración de candidaturas que defendes. A ver se podes explicarte mellor.

2 AmienseMosqueado

Canta razón tuttifruttiporlamahia...mais do mesmo para Ames...noxo.