Por E.P. | A CORUÑA | 10/05/2023 | Actualizada ás 17:31
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, instou ao Goberno central a cumprir o informe sobre a aplicación da directiva de servizos de comunicación audiovisual, aprobado este martes na Eurocámara, á vez que critica a "aplicación tardía" no Estado español da transposición desta lei europea.
Nun comunicado, avanza que trasladará a necesidade de cumprir esta directiva á Presidencia española da Unión Europea que comeza no mes de xuño. "É imprescindible corrixir a discriminación do galego", sinalou nunha roda conxunta con representantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC); da Mesa pola Normalización Lingúística e da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).
Miranda destacou, ademais, o "gran traballo" desenvolvido por todas as asociacións implicadas, boa parte delas participantes no Intergrupo de Linguas que se desenvolveu na Eurocámara o pasado mes de abril. Por outra banda, aludiu á defensa do galego na comisión de cultura do Parlamento europeo, "a través do noso grupo mediante a presentación de dúas emendas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.