Cuarto cargo do PP da Coruña que dimite por conducir borracho

Bernardo Moar renunciou esta mañá ao seu cargo como tentente de alcalde do Concello de Ames, municipio lindeiro coa capital de Galicia. O goberno do PP queda nunha delicadísima situación, con dous representantes menos que os principais grupos da oposición.

Por Galicia Confidencial | Bertamiráns | 03/03/2015 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

A renuncia prodúcese catro anos despois da dimisión de Ángel Espadas como concelleiro do PP de Santiago, tras ser sorprendindo durmido e peneque ao volante. En novembro de 2014 quen dimitía era o alcalde de Santa Comba, vila próxima a Compostela, Antonio Lavandeira, tamén sorprendido nun control. Por último, o ano pasado marchouse Gustavo Carro, edil en Mugardos, despois de negarse a pasar un control de alcolemia. 

Bernardo Moar
Bernardo Moar

Moar declarou esta mañá no xulgado, tras ser sorprendido o venres nun control da policía local en Bertamiráns, población do seu propio municipio. O político pide "perdón a cidadanía" nun comunicado público no que presenta esta "decisión dolorosa" como produto da "exemplaridade" que deben ter os cargos públicos.

O PP de Ames vese forzado a mover a bancada rapidamente, pois queda arestora con catro concelleiros, dous menos que o PSdeG e os ex-populares de Pacto por Ames. Esta semana dimitía Eugenia Martín, a outra tenente de alcalde.  O municipio informa que "as áreas serán repartidas entre os concelleiros que conforman o goberno municipal e das que se dará conta nos vindeiros días".

O Concello evita referirse aos motivos da demisión de Moar, só sinala que é debido a "un feito acontecido esta fin de semana relacionado cun incidente de tráfico". Hoxe mesmo a súa Xunta Local de Seguridade de Ames aprobou un plan de actuación nos centros educativos e unha campaña de seguridade viaria.

Renuncia Bernardo Moar como concelleiro do Concello de Ames
Renuncia Bernardo Moar como concelleiro do Concello de Ames
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 ML-pensamento santiago

Que unha persoa dea positivo nun control de alcoholemia non é sinónimo de que estexa bebedo, moito menos borracho. Ate onde eu sei, poñenche unha multa, quitanche puntos e xa esta. Non sei eso en que che incapacita para exercer un cargo publico nin pq ten que dimitir, nin siquera pq se ten que saber. Empezando polo titular e pasando por algún dos comentarios ides do absurdo ao esperpéntico pasando polo inexacto. Seguro que se fumase porros para vos era un tio guai.

3 Amiense

Polo menos da exemplo. Que dar positivo non significa que non fora bo concelleiro, e iso que non lle votei. Grazas Bernardo polo teu servizo público, ánimo e recorda non coller o volante cando tomes unhas cañas.

1 XanKaraLlás

Nada de exemplo. Non tiña máis remedio porque prexudicaría moito ao PP se non se fose, así que estaba obrigado, e máis coas eleicións á volta da esquina. O PP é patético, coma os seus votantes.

2 XanKaraLlás

O PP é un partido de borrachos. Xa dixo Aznar que el podía beber todo o que fixese falta e non por iso deixar de conducir, que ninguén lle tiña que dicir cantas copas podía ou non podía beber, criticando así o anuncio que o goberno de Zapatero estaba a emitir naqueles momentos. E recibiu aplausos e gargalladas de todos os fachas presentes para escoitalo. Por tanto, non é de estrañar que en Galicia, terra de viños e bebedores crónicos, o PP teña maioría absoluta. Desde logo, hai que estar borracho ou ser par vo de nacemento para votar no PP.

1 este non

eu tampouco votaria PP pero este alomenos asumiu a sua responsabilidade e dimitiu. A ver cantos máis o fan, sobre todo os que están roubando a tutti-mochi.

1 rectoral de amandi

"viva el vino" "quién te ha dicho a ti las copas de vino que tengo o no tengo que beber. Déjame que las beba tranquilo..." HIP; HIP HIP;