Iván Puentes presume do seu gran proxecto verde para Pontevedra

Pola súa banda, Lores presentou este luns a súa estratexia de mobilidade integrada para a cidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2023 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

O candidato socialista á Alcaldía de Pontevedra, Iván Pontes, repasou os proxectos en marcha para a rexeneración ambiental da Xunqueira de Alba e a creación dun novo parque neste espazo, ademais das importantes infraestruturas previstas para esta zona da cidade, á vez que insiste no investimento comprometido polo Goberno de España duns 25 millóns de euros para renaturalizar a ribeira do Lérez no tramo máis urbano de Pontevedra.

Pontes e a presidenta do PSdeG, Carmela Silva, visitaron este luns as vellas instalacións do Parque de Maquinaria e da Imprenta Provincial, na desembocadura do río Rons. "O BNG precisa de interlocución en Madrid que non ten neste momento. Precisa de interlocución nos ministerios, que non ten, e aínda por encima cando algúns facemos esa interlocución e conseguimos investimentos históricos para esta cidade dinnos que somos encubridores da mala xestión do Goberno socialista", manifestou Iván Pontes.

O candidato do PSOE lembrou que este compromiso do Executivo central de 25 millóns de euros supón unha dos maiores investimentos públicos da historia Pontevedra. O Ministerio para a Transición Ecolóxica asumirá, con cargo aos fondos europeos Next Generation, practicamente o 100% dos proxectos contemplados na estratexia Pontevedra Flúe.

Neste sentido, trátase da reordenación da parcela situada diante do Pavillón Municipal dos Deportes, a restauración das dúas marxes da ribeira do río entre a Ponte dos Tirantes e o das Correntes, a recuperación da Xunqueira de Alba, a recuperación do primeiro tramo canalizado do río Rons, ou a recuperación ambiental do dominio público marítimo terrestre en Ponte Sampaio (a parcela do antigo campo de fútbol).

Iván Puentes alertou de que todos estes investimentos, "se o Goberno de España cambia de cor, non cabe ningunha dúbida de que se poden perder", xa que, para o candidato socialista, "o compromiso do PP con Pontevedra quedou claro cal é: non executar nada do dito e, aínda por encima, en obras como esta non cren, nin na loita contra o cambio climático nin na transformación ambiental da cidade".

Carmela Silva e Iván Puentes. PSOE
Carmela Silva e Iván Puentes. PSOE | Fonte: Europa Press

LORES

Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra e candidato á reelección polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), Miguel Anxo Fernández Lores, presentou este luns a súa estratexia de mobilidade integrada para a cidade, que implica a posta en marcha de todas as actuacións no referido a infraestruturas e mobilidade que "garantan unha redución dos tráficos de paso da cidade", para cuxa posta en marcha comprométese a negociar con todas as administracións implicadas.

Nun acto público celebrado no Paseo do Lérez, xunto á ponte do Burgo, Lores explicou este plan que recolle todas as actuacións a desenvolver en materia de infraestruturas e que, segundo asegurou, permitirán unha mellor mobilidade, conexión e calidade de vida para as persoas do municipio, con especial atención á veciñanza das parroquias.

Dentro das infraestruturas a reclamar e negociar figuran a variante de Alba (titularidade da Xunta), o final da autovía A-57 (do Estado) e mesmo asumir as competencias de tramos de certas estradas como a N-550, a PO-542 ou a PO-223.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta