O TSXG ratifica a condena ao Sergas a indemnizar con 70.000 euros a unha paciente lesionada nunha operación lumbar

A muller pedía unha indemnización de 786.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2023 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia



O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena imposta en primeira instancia contra o Servizo de Galego de Saúde (Sergas), que terá que indemnizar con 70.000 euros a unha muller lesionada tras ser sometida a unha intervención cirúrxica no CHUAC por un problema nas costas.

Nunha resolución contra a que cabe recurso de casación e que foi difundida este luns, o alto tribunal galego desestima os argumentos dos letrados da Administración autonómica contra a sentenza emitida en marzo de 2022 polo xulgado do Contencioso Administrativo da Coruña, que deu en parte a razón á reclamante, quen pedía inicialmente unha indemnización de 786.000 euros.

Agora, o TSXG fai súa a sentenza en primaria instancia e condena ao Sergas a abonar 70.000 euros a esta paciente, que sufriu complicacións da súa doenza de costas tras a operación, desde a cal sofre unha paraplexia.

Aínda que o tribunal recoñece que os problemas de columna que padecía terminaría nunha parálise de corpo e que a intervención buscaba frear o seu avance, a sala considera que o Sergas cometeu erros á hora de informar á muller antes da operación á que foi sometida na Coruña en setembro de 2016.

Ademais, tamén entende que houbo unha demora inxustificada no diagnóstico da doenza, que a levou a ser atendida no CHUAC en maio de 2016, pero que non foi determinante en que terminase con paraplejia. Deste xeito, ratifica o dereito da paciente a ser indemnizada con 70.000 euros por danos morais.

Acto de apertura do Ano Xudicial no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)
Acto de apertura do Ano Xudicial no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) | Fonte: TSXG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta