Descartan que a asasinada en Pontevedra sexa un crime machista

A conselleira de Igualdade di que todo apunta a "unha cuestión delituosa".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2023 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

A conselleira de Igualdade, María Jesús Lorenzana, constatou que "as primeiras investigacións" sobre o asasinato dunha muller de 33 anos en Pontevedra apuntan a "unha cuestión delituosa".

A preguntas dos xornalistas antes de participar nun acto en Santiago, a titular da consellería pediu "ser cautos", pero sinalou que esas primeiras investigacións "non apuntan a nada relacionado" cun caso de violencia machista.

De feito, engadiu, "o primeiro que se sabe é que non é unha cuestión de violencia de xénero". A partir de aí, pediu "deixar" que sexan as forzas e corpos de seguridade do estado as que actúen.

A muller de 33 anos asasinada na madrugada deste luns en Pontevedra foi apuñalada e presentaba numerosos golpes na cabeza, segundo fontes policiais consultadas por Europa Press, que confirmaron a detención dun home, de 47 anos de idade e de orixe portuguesa, como presunto autor dos feitos.

Coche patrulla do 091 fronte á Peregrina, en Pontevedra.. POLICÍA NACIONAL
Coche patrulla do 091 fronte á Peregrina, en Pontevedra.. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta