Decretan prisión provisional sen fianza para o detido por matar unha muller en Pontevedra

A muller foi encontrada morta por coiteladas o pasado luns.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 24/05/2023 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

A maxistrada do xulgado de instrución número 1 de Pontevedra decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home detido polo crime muller morta a puñaladas na capital provincial pontevedresa o pasado luns.

O home, de 47 anos de idade e de orixe portuguesa, está investigado por un delito de homicidio por matar a N.R.F., de 33 anos, que faleceu a consecuencia das múltiples feridas sufridas cunha arma branca e varios golpes na cabeza durante a madrugada do pasado luns.

Detido pola Policía Local de Marín, o presunto responsable do crime pasou a disposición xudicial na mañá deste mércores ante o xulgado de instrución número 1 de Pontevedra, que ordenou o seu ingreso en prisión provisional, segundo informou o TSXG.

Os feitos producíronse nunha casa abandonada na rúa Cunchidos, no barrio pontevedrés de Estribela. Estas dúas persoas serían toxicómanas, aínda que só a vítima residía na infravivenda ocupada xunto a outros dous homes.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta