Ana Miranda reivindica en Bruxelas que a eólica mariña respecte ao sector pesqueiro e o medio mariño

Representantes da frota denuncian na Eurocámara a "incompatibilidade" de "megaproxectos" coa pesca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2023 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG Ana Miranda subliñou que é "imprescindible" que os proxectos de eólica mariña respecten ao sector pesqueiro e o medio mariño. Destacouno na conferencia que tivo lugar este mércores no Parlamento Europeo baixo o título 'Sobre eólica mariña: cara a un novo fracaso ambiental?', na que participou unha delegación galega, asturiana e portuguesa representante do sector pesqueiro convidada o Bloque.

Miranda subliñou "a necesidade de que se coñezan os efectos prexudiciais dos actuais megaproyectos de eólica mariña" e criticou a "falta de participación". O portavoz da plataforma en defensa da pesca e dos ecosistemas mariños, Torcuato Teixeira, avisou de que "a loita contra o cambio climático non pode pór en perigo os ecosistemas".

Denunciou ademais a "imposibilidade" de que coexistan os proxectos de eólica mariña actuais coa actividade pesqueira debido á configuración da plataforma continental ao longo da costa galega, "moito máis estreita que no resto" do litoral europeo.

Conferencia sobre eólica mariña en Bruxelas. BNG
Conferencia sobre eólica mariña en Bruxelas. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta