Tamén considerou "fundamental" que a Comisión Europea actualice a información tras a sentenza emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
  comenta   0
"As paralizacións en materia eólica ou a lentitude na regulación de proxectos de eólica mariña son exemplos de como a lentitude administrativa pode penalizar os investimentos estratéxicos e a independencia enerxética para sectores crave como o industrial", sinalou o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón.
  comenta   0
A eurodeputada do BNG Ana Mirada denunciou que "en Galicia, a precariedade laboral no ámbito sanitario debido ao abuso de contratos temporais é o normal"
  comenta   0
Insta á Eurocámara a colaborar coa UNRWA para garantir a axuda humanitaria en Gaza.
  comenta   0
O sindicato insta á Xunta a aproveitar os fondos do PDR se a Eurocámara aproba a súa modificación o 17 de decembro.
  comenta   0
O BNG celebra que unha delegación do comité en folga da CRTVG reunísese con dous vicepresidentes da Eurocámara.
  comenta   1
A presidenta da Eurocámara, Roberta Metsola, non puxo data para concluír a avaliación de impacto, pero as fontes consultadas por Europa Press falan de "meses máis que semanas", á vez que descartan que o traballo se poida dilatar máis aló na lexislatura.
  comenta   0
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, informou de que a Comisión de Peticións da Eurocámara debaterá en novembro sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei, á vez que recrimina que "é lamentable a actitude do PP na cancelación" da comparecencia prevista para este xoves dos colectivos contrarios á fábrica.
  comenta   0
A tramitación de urxencia, apoiada pola eurodeputada do BNG Ana Miranda, rexeitouse con 18 votos en contra fronte a 11 a favor na reunión da comisión este luns, polo que a petición incluirase na axenda dunha futura reunión aínda por determinar.
  comenta   0
Pontón recoñece que "vai haber axustes" no tempo que terá o Bloque o escano na UE, aínda que Miranda "vai estar cinco anos en Europa".
  comenta   1
O pleno do Parlamento Europeo apoiou este martes medidas máis estritas para previr novas verteduras de pélets de plástico como o que afectou no principio do ano as costas galegas co obxectivo de lograr as "perdas cero" e responsabilizar aos operadores da súa limpeza no caso de que ocorran.
  comenta   0
A eurodeputada do BNG defende potenciar a investigación dos novos medicamentos para o tratamiento de enfermidades raras e os distintos tipos de cancro.
  comenta   0
A eurodeputada comunicoullo á presidenta do Parlamento Europeo, xa que sostén que "esta delegación está a avalar o xenocidio que Israel perpetra en Gaza".
  comenta   0
O pleno do Parlamento Europeo aprobou este mércores o acordo histórico alcanzado o pasado decembro entre institucións. Suporá un novo marco cuxa aplicación plena está prevista a partir de 2026.
  comenta   0