O BNG fala na Eurocámara sobre os medios públicos galegos:“manipular, impor, silenciar e vulnerar dereitos”

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou o “uso partidista” dos medios públicos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2025 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou este martes que os medios públicos galegos "incumpren" a Lei Europea de Medios e insistiu no "uso partidista" que deles fai o PP. Así o asegurou no debate do pleno da Eurocámara sobre a 'Situación da aplicación nos Estados membros do Regulamento Europeo sobre a Liberdade dos Medios de Comunicación'.

"Manipular, impor, silenciar e vulnerar dereitos. Non ocorre só en Hungría, tamén no meu país, Galicia. Estou a falar da TVG, a televisión e radio públicas do meu país", manifestou a eurodeputada galega na súa intervención, quen denunciou que o goberno do Partido Popular "interfere" nos medios de comunicación públicos. Como exemplo deste "incumprimento", a eurodeputada referiuse ao nomeamento da nova directora xeral da CRTVG, que tivo lugar este martes e que contou unicamente cos votos a favor do PP.

Con todo, subliñou que a "falta de independencia editorial" dos medios de comunicación públicos galegos, a "ausencia de órganos de control independentes do poder político interno e externo", a "falta de pluralidade", o nomeamento de órganos de control e xestión e o financiamento "sen criterios claros" xa provocaron máis de 400 denuncias, folgas e o movemento 'Defende a Galega'.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda. BNG
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta