Gómez Reino esíxelle ao Goberno medidas para evitar a vertedura da mina de San Finx á ría de Muros e Noia

Recolle as denuncias e mobilizacións realizadas por distintos colectivos e organizacións, entre as que destacan as do sector pesqueiro e marisqueiro e o ambientalista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2023 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O deputado Antón Gómez Reino, do Grupo Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, presentou unha iniciativa no Congreso na que insta o Goberno a implementar medidas para evitar a vertedura de augas da mina de San Finx á ría de Muros e Noia, autorizado pola Xunta.

En concreto, o portavoz de Galicia en Común no Congreso recolle unha demanda de Marea Cidadá de Noia e pregúntalle ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico "se valora iniciar procedementos para forzar á Xunta de Galicia a cumprir cos seus deberes".

Gómez Reino refírese a a incorporación das presas de augas residuais da mina de San Finx ao "inventario de instalacións de residuos mineiros clausuradas que teñen un impacto ambiental grave, como así o establece a normativa".

"Dáse o caso de que, a pesar da falta de actividade e ao abandono desta instalación durante anos, e a pesar da constatación de que estas balsas conteñen augas e lodos contaminados por metais pesados, por parte da Xunta de Galicia non se realizou a obrigada comunicación para incluír estas presas no citado inventario, chegándose a ocultar a súa existencia en determinados procedementos administrativos realizados ata o momento, ou ben negando a natureza destas balsas de residuos e conferíndolles outros usos, afirmacións que se demostraron falsas", di o deputado na iniciativa.

O portavoz no Congreso de Galicia en Común recolle as denuncias e mobilizacións realizadas por distintos colectivos e organizacións, entre as que destacan as do sector pesqueiro e marisqueiro e o ambientalista.

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino
O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino | Fonte: Podemos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta