Denuncian que só o 11,8% da Rede Natura 2000 está protexida en Galicia

Adega critica a "mala xestión" da Rede Natura 2000 en Galicia e España a pesar das reclamacións de Bruxelas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2023 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) criticou a "mala xestión" da Rede Naruta 2000 tanto en Galicia como en España a pesar das reclamacións lanzadas por Bruxelas. No caso concreto de Galicia, Adega denunciou que só o 11,8% está protexido, a pesar de que a media estatal chega ao 34%.

Membros de Adega participaron esta semana na audición que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo celebrou para avaliar o estado do cumprimento da Directiva de Hábitats. Así, a Comisión Europa pasou revista á situación legal da Rede Natura 2000 e os procedementos de infracción. Neste sentido, Bruxelas argumentou que, aínda que o cumprimento desta normativa dista de ser completo, nos últimos anos produciuse unha "mellora significativa" da súa aplicación, segundo recolle Adega nun comunicado.

Con todo, unha xurista da Oficina Europea de Ambiente criticou a "grave falta de transparencia" do proceso de xestión e seguimento das denuncias e infraccións abertas pola Comisión por mor das peticións de ecoloxistas.

Neste sentido, Adega lamentou a "mala xestión" de Galicia e de España da Directiva de Hábitats, a pesar de que se abriu en 2013 un procedemento de infracción, cun apercibimento en 2015 e unha nova carta de emprazamento da Comisión en 2020. Aínda así, en 20 anos "nin o Estado nin a Xunta tomaron as medidas reclamadas por Europa", criticaron os ecoloxistas.

Zona en Rede Natura
Zona en Rede Natura

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta