A Xunta insiste nun desvío "provisional, viable e seguro" na A-6

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2023 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, pediu ao Ministerio de Transportes que "reaccione" e proceda á execución dun desvío "provisional, viable e seguro" para garantir o tráfico na A-6, tras o derrube do viaduto do Castro o pasado ano.

Así o trasladou este venres en declaracións difundidas aos medios pola Consellería, despois do accidente que se produciu á primeira hora na estrada N-6 en Vega de Valcarce. "Os feitos están aí. Sobran palabras. Ese novo accidente era cuestión de tempo", asegurou.

Nesta mesma liña, preguntouse "que máis ten que pasar" para que o Ministerio "reaccione" e proceda á execución dun desvío "provisional, viable e seguro". Ademais, Ethel Vázquez tamén insistiu en solicitar a reconstrución simultánea de ambos os viadutos. "O certo é que o desvío provisional seguro e a reconstrución simultánea dos viadutos da A-6 non é un capricho, senón que é unha necesidade", salientou.

Neste contexto, reprochou que a ministra de Transportes, Raquel Sánchez, acudise a Galicia en campaña electoral a confirmar "unha pésima noticia", como é "o rexeitamento do Goberno de España á reconstrución simultánea dos viadutos colapsados na A-6".

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no pleno do Parlamento de Galicia
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no pleno do Parlamento de Galicia | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta