O prazo para optar ás residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño, aberto ata o 30 de maio

O prezo por persoa e día é de 37 euros en pensión completa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2023 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

As familias que queiran optar este verán a unha praza nas residencias de tempo libre de Panxón (Nigrán) ou do Carballiño teñen ata o martes da próxima semana, día 30 de maio, para presentar as súas solicitudes.

Segundo detallou a Consellería de Política Social e Xuventude, cursarase unha única solicitude por unidade familiar, na cal se indicará a orde de preferencia no goce das estancias e en que residencia. Estas deberán dirixirse ás xefaturas territoriais de Ourense ou Vigo, en función do centro residencial que se elixa. Ademais, as peticións poderán realizarse a través da sede electrónica da Xunta.

Asímismo, o departamento que dirixe Fabiola García explicou nunha nota de prensa que este ano haberá 2.760, distribuídas da seguinte maneira: 1.320 prazas na residencia de tempo libre de Panxón, en Nigrán; e 1.440 na residencia de tempo libre do Carballiño.

Outra das novidades que hai nesta convocatoria é a ampliación das quendas ata finais de setembro, para aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos que tamén queiran acudir a estas residencias.

O prezo por persoa e día é de 37 euros en pensión completa, ao que se engaden descontos por nenos (dun 50%) e familias galegas de especial consideración como numerosas ou monoparentais, acolledoras ou vítimas de violencia machista (dun 30%).

A conselleira de Política Social e Xuventude,  Fabiola García
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta