Sánchez adianta as eleccións ao 23 de xullo

O seu obxectivo é mobilizar aos votantes de esquerdas para evitar un goberno da dereita e ultradereita.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 29/05/2023 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou o adianto das eleccións xerais para o próximo 23 de xullo tras asumir persoalmente a derrota electoral sufrida este domingo polo PSOE nas eleccións autonómicas e municipais.

O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez
O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez | Fonte: Europa Press

 

Nunha declaración institucional sen preguntas en Moncloa, Sánchez informou de que falou co Rei Felipe VI para comunicarlle a convocatoria dun Consello de Ministros extraordinario e a disolución das Cortes. "Asumo os resultados", dixo o presidente do Goberno, que optou por someter polo "mandato democrático á vontade popular".

 

O PSOE perdeu este domingo as eleccións municipais por tres puntos fronte ao PP e cedeu boa parte do poder territorial do que dispuña até agora, ao perder seis das nove comunidades autónomas que gobernaba. Só Emiliano García Page retivo con maioría absoluta Castela-A Mancha, mentres que os socialistas poderán seguir tamén á fronte de Asturias, con apoio de EU e Podemos, e de Navarra, onde María Chivite xa adiantou que buscará o respaldo dos seus actuais socios.

POR QUE AGORA?

O obxectivo do líder socialista é evitar un desgaste aínda maior do seu goberno e, especialmente, visibilizar estes meses os pactos que o PP ten que facer con Vox en numerosas localidades e autonomías se quere gobernar. Uns pactos que, nalgúns casos, serán complicados o que favorecerá o discurso de Sánchez.

De feito, o presidente español quere, deste xeito, facer unha chamada de atención, sobre todo entre o electorado de esquerdas do que isto supón pra mobilizar e concentrar todo este voto no PSOE.

Ademais, aproveita tamén a debacle de Podemos para evitar que os seus socios de goberno teñan tempo para reaccionar. De feito, o futuro de Podemos e da coalición Sumar, que impulsa Yolanda Díaz, está seriamente danada tras o 28M e aínda non hai acordo para ir xuntos.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou o adianto das eleccións xerais para o próximo 23 de xullo tras asumir persoalmente a derrota electoral sufrida este domingo polo PSOE nas eleccións autonómicas e municipais. Nunha declaración institucional sen preguntas en Moncloa, Sánchez informou de que falou co Rei Felipe VIN para comunicarlle a convocatoria dun Consello de Ministros extraordinario e a disolución das Cortes. "Asumo os resultados", dixo o presidente do Goberno, que optou por someter polo "mandato democrático á vontade popular". O PSOE perdeu este domingo as eleccións municipais por tres puntos fronte ao PP e cedeu boa parte do poder territorial do que dispuña até agora, ao perder seis do nove comunidades autónomas que gobernaba. Só Emiliano García Page retivo con maioría absoluta Castela-A Mancha, mentres que os socialistas poderán seguir tamén á fronte de Asturias, con apoio de EU e Podemos, e de Navarra, onde María Chivite xa adiantou que buscará o respaldo dos seus actuais socios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta