Premio a Rosa Álvarez pola súa loita en prol da "dignificación da profesión teatral"

A Academia Galega de Teatro entregaralle o premio o venres, 21 de xullo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/05/2023 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

A Directiva da Academia Galega de Teatro acordou, na súa xuntanza celebrada o 19 de maio de 2023 no Pazo de Mariñán, conceder o Premio Academia Galega de Teatro 2023 a Rosa Álvarez Cabo, pola súa dilatada carreira, "sempre na procura da excelencia artística, e o seu compromiso coa loita pola dignificación da profesión teatral, nomeadamente pola visibilización e posta en valor do rol da muller no teatro galego".

A actriz e directora teatral Rosa Álvarez
A actriz e directora teatral Rosa Álvarez | Fonte: Galipedia

Nun comunicado, a Academia Galega de Teatro destaca que se lle entregará este premio o venres, 21 de xullo, ás 13:00 horas, no salón de actos do Concello de Ribadavia, dentro da celebración da XXXIX Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta