Que é a Intelixencia Artificial, o 'ChatGPT' e os seus riscos, nas futuras materias dos institutos galegos

'Intelixencia Artificial para a Sociedade' e 'Tecnoloxías Intelixentes', para 4º de ESO e 1º de Bach, serán un "cambio metodolóxico" en educación.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 30/05/2023 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Que é a intelixencia artificial? como aplicala?, que riscos e beneficios pode ter? que é, como funciona e como se pode empregar 'ChatGPT'? As respostas a estas preguntas son algúns dos contidos que pretenden levar aos institutos galegos dúas novas materias que se implantarán o próximo curso.

'Intelixencia Artificial para a Sociedade', en 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), e 'Tecnoloxías Intelixentes', en 1º de Bacharelato, son as dúas novas materias de carácter optativa que foron presentadas este martes nun acto no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en Santiago, coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez.

A implantación destes contidos suporá, en palabras do titular educativo da Xunta, un "cambio metodolóxico" e unha "transformación tremendamente significativa" que responde a unha intelixencia artificial que está "cada vez máis presente" nas relacións humanas e de lecer, tamén no ensino.

Cando o Goberno autonómico deseñou a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 (EGIA), en plena pandemia, tiña entre os seus obxectivos o deseño de materias de formación específica para dar ás adolescentes "oportunidades de futuro" nun campo "tan fundamental e significativo".

CONTIDOS DAS MATERIAS

Tras Román Rodríguez, interviñeron na presentación os dous principais responsables dos grupos de traballo que deseñaron os contidos destas dúas novas materias. Por unha banda, o catedrático de Ciencia da Computación e a IA da Universidade de Santiago de Compostela (USC) encargouse de introducir 'Intelixencia Artificial para a Sociedade', que será para 4º de ESO con tres horas de clase á semana.

Nas súas palabras, esta materia buscará dar "un coñecemento rigoroso da IA". Terá un "enfoque moi práctico", posto que desde principio de curso os alumnos traballarán con proxectos.

A materia contará cun catro bloques temáticos: un primeiro sobre que é a IA; un segundo acerca de que preguntas suscita na ética e na legalidade, desde o punto de vista dos riscos e os beneficios; un terceiro sobre que áreas conforman a IA; e o cuarto, con que aplicacións ten no día a día, xunto coa robótica autónoma e o coñecido como 'Internet das cousas'

Pola súa banda, o catedrático de Informática do IES Fernando Wirtz da Coruña, Juan Francisco Fontes, encargouse de presentar a materia 'Tecnoloxías Intelixentes', con catro horas lectivas á semana en 1º de Bacharelato. Non será necesario que os alumnos escollese a súa antecesora en 4º de ESO.

Segundo explicou Fontes, será unha "materia valente" que "seguramente vai marcar un fito da educación en España". O seu currículo estará composto por catro bloques temáticos, aos que se suma un quinto que será transversal a todos eles durante todo o curso e que se centrará en programación.

'NAVE' AVALA As NOVAS MATERIAS

Ao finalizar a presentación, Juan Francisco Fontes realizou unha demostración sobre como opera a IA a través dunha versión dixital do robot 'NAVE', ao que preguntou sobre os beneficios de introducir a intelixencia artificial na educación. "É moi importante. É unha das áreas de tecnoloxía que máis está a avanzar e máis impacto ten na nosa vida cotiá", respondeu o robot, que tamén afirmou que permitirá que os alumnos estean "mellor preparados para afrontar desafíos futuros".

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presenta as novas materias optativas de intelixencia artificial.. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presenta as novas materias optativas de intelixencia artificial.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta