Piden oito anos para unha muller por acoitelar á súa parella nun "ataque de celos"

A defensa cualifícao como delito de lesións e alega a atenuante de alcoholismo continuado e obcecación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2023 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A Fiscalía mantivo a petición de oito anos de prisión para unha muller acusada de acoitelar á súa parella, en abril de 2022, no domicilio no que ambos convivían. Na sesión celebrada este martes na sección segunda da Audiencia Provincial coruñesa, onde o caso quedou visto para sentenza, cada unha das partes expuxo as súas conclusións.

Previamente, declarou a vítima quen asegurou que se tratou de "un ataque de celos". "Atentou contra a miña vida", sinalou e engadiu que "ela bebía bastante e o problema é que estaba medicada". "Lembro o incidente do coitelo, cravouno aquí no meu abdome e non puido seguir cravando porque o parei coas mans", puntualizou.

Na mesma liña, a procesada, no seu dereito a exercer a palabra, coincidiu en que sufriu "un ataque de celos" e, en consecuencia, produciuse un "forcexeo" mentres estaban "bebidos os dous". "É un problema de parella, o que pasou ese día sabémolo el e eu, máis ninguén, aquí non hai testemuñas", dixo, á vez que asegurou que todo o que dixo a vítima durante o xuízo "é mentira".

PETICIÓN DE CONDENA

Na vista, a representante fiscal sostivo que co exposto durante o xuízo quedou "corroborado" a existencia dun delito de tentativa de homicidio que "comprometeu a vida do prexudicado". Por iso, mantivo a petición para a muller de oito anos de prisión, así como que se manteña afastada da vítima durante un período de nove anos.

A defensa da acusada, pola súa banda, solicitou, en primeiro lugar un delito de lesións debido a que a procesada "non era consciente dos seus actos e non foi consciente de causar o dano ata que viu o sangue". No entanto, no caso de ter que cualificar os feitos como constitutivos dun delito de tentativa de homicidio, a letrada solicitou aplicar a atenuante de alcoholismo continuado e obcecación. "A súa mente estaba afectada, é unha persoa enferma psicoloxicamente e con problemas de alcoholismo", especificou.

Sala para xuízos con tribunal do xurado na Audiencia da Coruña. TSXG
Sala para xuízos con tribunal do xurado na Audiencia da Coruña. TSXG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta