A busca de colaboracións detrás da reunión entre Real Academia Galega e a Academia Valenciana de la Llengua

"Compartimos preocupacións comúns sobre o futuro dos nosos respectivos idiomas, que teñen realidades sociolingüísticas moi parecidas", sinalou o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2023 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, recibiu este mércores á presidenta da Academia Valenciana de la Llengua, Verònica Cantó, na sede temporal da institución co obxectivo de "abrir vías de colaboración ao redor da defensa dos idiomas que representan as dúas entidades".

Xunto a eles participaron, por parte da RAG, a tesoureira, Fina Casalderrey; o vicesecretario, Henrique Monteagudo; o director da Sección de Historia, Ramón Villares; e a académica María Dolores Sánchez Palomino; e por parte da AVL, o seu vicepresidente, Rafael Ramos, e a académica Mª Àngels Francés e o académico Artur Ahuir.

"Compartimos preocupacións comúns sobre o futuro dos nosos respectivos idiomas, que teñen realidades sociolingüísticas moi parecidas, e a construción dunha política de recoñecemento do patrimonio histórico e lingüístico dentro da política española", sinalou Freixanes.

Freixanes enmarcou o encontro na serie de contactos que a institución está a manter con outras homólogas como Euskaltzaindia e o Institut d'Estudis Cataláns.

Verònica Cantó expresouse en termos similares e agradeceu a acollida. "Debemos ser valedores do patrimonio cultural e lingüístico dos nosos respectivos territorios de face ao Estado español na reivindicación do artigo 3 da Constitución, que di que as linguas cooficiais serán de especial protección", apuntou.

A Real Academia Galega e a Academia Valenciana da Llengua reúnense para buscar vías de colaboración comúns na defensa dos dous idiomas. RAG
A Real Academia Galega e a Academia Valenciana da Llengua reúnense para buscar vías de colaboración comúns na defensa dos dous idiomas. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta