Axudas de ata 18.000 euros destinadas a facer as vivendas máis accesibles

O luns sae a convocatoria no DOG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2023 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia abrirá o vindeiro luns, día 5 de xuño, o prazo para solicitar axudas de ata 18.000 euros destinadas a facer máis accesibles vivendas e edificios residenciais. Así se recolle na resolución que publica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG) e pola que convoca este programa, xestionado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e que prevé ata 18.000 euros para facilitar a adaptación exterior e interior de inmobles residenciais para o seu uso por persoas con algún tipo de discapacidade.

Tal como explicou a Xunta, leste é o segundo ano consecutivo que o Goberno galego convoca estas subvencións, enmarcadas no plan para o acceso á vivenda 2022-2025 e coas que se aspira a facer máis accesibles unhas 1.700 vivendas no conxunto da Comunidade.

Entre os traballos, inclúense a instalación de ascensores, salva escaleiras, ramplas ou mecanismos motorizados para a apertura de portas, ademais de reformas dos accesos desde a vía pública, entre outros.

Os beneficiarios destas axudas poderán ser persoas físicas donas, usufructuarias ou inquilinas dos inmobles, as comunidades de veciños, as sociedades cooperativas ou empresas construtoras, propietarias ou arrendatarias de edificios.

Exemplo dunha intervención de COGAMI para mellorar a accesibilidade. COGAMI
Exemplo dunha intervención de COGAMI para mellorar a accesibilidade. COGAMI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta