A Xunta defende o parque eólico de Campelo e recorrerá a decisión do TSXG de anulalo

Conde defende que o Goberno galego "está a actuar conforme a normativa".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2023 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A Xunta recorrerá ao Tribunal Supremo a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) na que anula a autorización administrativa previa e de construción dun parque eólico situado entre os municipios coruñeses de Coristanco e Santa Comba, denominado Campelo, ante a "indebida fragmentación" do mesmo.

A preguntas da prensa este venres, o vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, sinala que cre necesario "aclarar" por parte do Supremo a situación legal, posto que "hai uns parques que están a ser suspendidos temporalmente, hai outros que non sobre a mesma casuística".

"As sentenzas que se emitiron por parte do Tribunal Superior están a establecer unha serie de cuestións nas cales, desde a Xunta de Galicia, entendemos que hai que aclarar, seguramente isto terá que ser sometido ao Tribunal Supremo", afirmou.

"Hai aspectos desde o punto de vista da tramitación os cales non entendemos", asegura, xa que "a Xunta de Galicia está a actuar conforme a normativa". "Creo nese sentido que a única valoración é que imos trasladar a nosa posición", á vez que garante que se van a "acatar as diferentes sentenzas que se vaian establecendo cos diferentes parques".

INCUMPRIMENTO DE 30 DÍAS DE EXPOSICIÓN PÚBLICA


Na sentenza, os xuíces explican que a lei ordena que tanto o proxecto de execución como o estudo de impacto ambiental teñen que ser sometidos conxuntamente a un trámite de información pública durante un prazo de trinta días.

Sobre esta cuestión, Conde subliña que: "o que se fai é tramitar xa todos os parques cumprindo xa con eses 30 días de exposición pública, é un suposto que xa non se vai a dar nos diferentes parques que se están tramitando".

O vicepresidente primeiro, Francisco Conde, no  Observatorio da Eólica Mariña de Galicia. CONCHI PAZ
O vicepresidente primeiro, Francisco Conde, no Observatorio da Eólica Mariña de Galicia. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta