Adolfo Domínguez plantea un novo sistema para a retribución variable por comisións por vendas

O obxetivo é que a produtividade se vexa favorecida por estas comisións.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/06/2023 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

Adolfo Domínguez comunicou aos seus representantes laborais o inicio dun procedemento para negociar e pactar un novo sistema para a retribución variable por comisións por vendas dos traballadores que prestan servizos nas tendas do grupo en España.

"O novo sistema de retribución variable por comisións por vendas persegue un sistema actualizado para todo o colectivo das tendas e máis enfocado ao crecemento da compañía", destacou a firma galega nun comunicado remitido á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

En concreto, o obxectivo da negociación é trasladar a produtividade das vendas ao persoal con dereito a retribución variable por comisións por vendas, de maneira que estas comisións cumpran o propósito de incentivar o crecemento, a competitividade e a rendibilidade da compañía. O procedemento require da constitución dunha comisión negociadora, integrada pola dirección da compañía e a comisión representativa da parte social.

Para a apertura do período de consultas a firma galega ten a intención de iniciar o procedemento indicado no artigo 41 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores en relación coas modificacións substanciais de condicións de traballo de carácter colectivo.


Xunta xeral de Accionistas de Adolfo Domínguez.
Xunta xeral de Accionistas de Adolfo Domínguez. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta