Sanidade di que ser médico rural é "moi gratificante" pero aposta por incentivalo máis

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2023 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, enxalzou a figura do médico rural e recoñeceu que, aínda que é unha responsabilidade "moi gratificante", necesita de ser "incentivado" desde as administracións.

O titular da Consellería de Sanidade participou este sábado en Lugo na entrega do II Bolsa de Medicina Rural da Asociación de Médicos Galegos e a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia. Alí, segundo recolle un comunicado, defendeu os investimentos en materia de equipamento de diagnóstico e "o fomento de incentivos" para postos de "difícil cobertura" que realiza o Goberno galego.

"O exercicio profesional no rural é moi gratificante, pero tamén ten algúns inconvenientes, e iso hai que incentivalo", resaltou o conselleiro, que insistiu en que debe modificarse o Estatuto Marco do persoal sanitario para introducir "vantaxes específicas para as prazas de difícil cobertura na lexislación nacional".

"Somos conscientes do esforzo que fan os nosos profesionais e queremos ofrecerlles as mellores condicións para que poidan desenvolver o seu traballo no campo do equipamento e no das condicións laborais", aseverou Comesaña.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta