Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2023 | Actualizada ás 21:59
Os efectivos de emerxencias rescataron unha embarcación cunha persoa a bordo que quedou á deriva na Illa de Arousa este domingo. Segundo informou o 112, a situación produciuse ao enganchar a embarcación unhas redes e quedou sen motor, cando estaba a piques de fondear entre as illas de Pedregoso e Rúa, nas proximidades de Pedra Seca.
Ante o perigo de que a corrente provocase que a embarcación chocase contra unha batea, o único tripulante contactou co 112 Galicia, uns minutos despois das 14,30 horas. O servizo deu conta entón dos feitos a Salvamento Marítimo, que mobilizou a Salvamar Sargadelos, para remolcar á embarcación ata o porto de Vilanova de Arousa, co tripulante ileso.
Tamén o persoal do 112 Galicia informou o Grupo Acuático dos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, á Garda Civil e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.