Denuncia pintadas "machistas" contra unha concelleira socialista de Vilardevós

Para o PSdeG estas mensaxes "cheas de odio" son "totalmente inadmisibles" .

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O PSdeG-PSOE de Vilardevós presentou denuncia no cuartel da Garda Civil pola aparición, no centro social de Lamardeite, dunhas pintadas "machistas" e "misóxinas" dirixidas a unha das súas concelleiras.

Segundo informou o partido nun comunicado, os feitos ocorreron na noite do pasado venres ao sábado, cando o centro social amenceu con pintadas dirixidas a unha das concelleiras socialistas electas nos comicios do pasado 28 de maio. En varios muros do centro, poden lerse mensaxes ofensivas dirixidas a Elisa Fernández Arratibel.

Os socialistas de Vilardevós esixiron "respecto" e pediu reflexionar e analizar este tipo de accións xa que eles, subliñaron, optaron por unha "campaña limpa, de diálogo e respecto", e estes ataques "están fóra de lugar".

Así, tras condenar "enerxicamente" este acto vandálico, advertiron de que "os intolerantes, os machistas e os antidemócratas non teñen cabida na sociedade". Para o PSdeG estas mensaxes "cheas de odio" son "totalmente inadmisibles" e espera que os responsables sexan levados ante a Xustiza "e paguen polo dano causado", tanto nun edificio público como o dano á edila electa e á súa familia.

Pola súa banda, a candidata socialista á alcaldía, Eva Pérez Gamote, criticou que esas pintadas "teñen dous compoñentes, por unha banda o político, e polo outro, o machismo, xa que se trata de vexacións moi graves contra unha persoa, só polo feito de ser muller e socialista".

Pintadas contra unha concelleira socialista electa, no centro social de Lamardeite, en Vilardevós
Pintadas contra unha concelleira socialista electa, no centro social de Lamardeite, en Vilardevós | Fonte: PSDEG PSOE - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta