Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 12:28
A Segunda República e a Revolución Gloriosa de 1868, que destronou á raíña Isabel II, foron os temas dos textos que caeron no exame de Historia de España, o primeiro da Avaliación do Bacharelato para ou Acceso á Universidade (ABAU) 2023 en Galicia.
Desde as 10,00 da mañá deste martes, case 12.800 alumnos galegos --a cifra de matriculados, aínda que logo sexan menos os que se presenten-- están chamados a participar nestas probas que servirán de entrada na universidade.
Este primeiro exame, no que tamén houbo preguntas sobre os pobos prerromanos da Península e os Reis Católicos, desenvolveuse "con normalidade" en toda Galicia, con algunha incidencia puntual que non saíu fóra do que é habitual, segundo confirman a Europa Press fontes da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG).
Os aspirantes á ABAU 2023 chegaron ao redor das 9,00 da mañá aos centros de exame, que na súa maioría son facultades universitarias, e alí recibiron as primeiras explicacións sobre como se desenvolvería a xornada antes de realizar o primeiro exame ás 10,00. A selectividade deste 2023 mantén o modelo de preguntas establecido desde a pandemia da covid, é dicir, cunha maior optatividade á hora de responder. As probas celebraranse ata a tarde do xoves e os aspirantes aínda terán que esperar unha semana para coñecer os resultados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.