Carmela Silva dá por feito o seu regreso ao Senado: "Será outro espazo para defender sociedades libres e iguais"

Abel Caballero aposta por ela e por David Regades para encabezar as listas do PSOE en Pontevedra no Senado e no Congreso.

Por E.P. | VIGO | 06/06/2023 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A presidenta en funcións da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu por feito este martes o seu regreso ao Senado: "Será outro espazo para defender sociedades xustas, libres e iguais".

Así o sinalou Silva aos medios de comunicación tras a presentación dos cursos de verán da UNED na súa aula de Vigo. Preguntada polos rumores que apuntan a que encabezará as listas do PSOE para o Senado na provincia de Pontevedra, ela reivindicou que a política é o instrumento que teñen as persoas para mellorar a súa vida e a dos demais.

"Paréceme que dedicarse á política en calquera área, neste caso na Cámara de representación territorial, é unha enorme honra, privilexio e será outro espazo para defender sociedades xustas, libres e iguais", subliñou Silva.

Todo iso despois de que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendese a valía de Carmela Silva para ser cabeza de lista do PSOE ao Senado, así como os méritos do actual delegado do Estado en Zona Franca de Vigo, David Regades, para ser o número un das listas socialistas ao Congreso dos Deputados por Pontevedra.

"A mellor candidata para encabezar o Senado é Carmela Silva e o mellor candidato para encabezar o Congreso é David Regades. Para min é un dato. El vai ser o número uno na lista do Congreso e ela na lista do Senado", subliñou o rexedor olívico.

Imaxe de Carmela Silva na presentación dos cursos de verán da UNED
Imaxe de Carmela Silva na presentación dos cursos de verán da UNED | Fonte: PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta