Marisol Nóvoa, reelixida presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense

Ocupa o cargo desde 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

Marisol Nóvoa foi reelixida presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), de forma que repite nun cargo que ocupa desde 2019. A Confederación Empresarial de Ourense celebrou este martes a súa asemblea electoral. Ao salón de actos da sede de Afundación acudiron compromisarios da organización, os representantes das distintas asociacións, empresas e colectivos con dereito a voto e que compoñen o censo electoral.

Tras a súa elección, Marisol Nóvoa fixo referencia á traxectoria desenvolvida na CEO no últimos catro anos e á intención de continuidade, ademais de facer mención ás dificultades dun período marcado polas crises sanitarias, enerxética e de inflación

No entanto, mostra a súa esperanza de que "a etapa que hoxe comeza estea repleta de proxectos, de boas noticias e de iniciativas que conduzan á mellora da contorna económica e produtiva, e contribúan á transformación das empresas cara á dixitalización e a sustentabilidade".

Do mesmo xeito, Marisol Nóvoa solicitou a participación activa de todos e todas as integrantes da confederación, "pois o traballo en equipo é a mellor ferramenta para alcanzar os obxectivos previstos". O peche desta asemblea correu a cargo do presidente da Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa e vicepresidente de CEOE, Gerardo Cuerva, que interveu ante a presenza tamén do presidente da CEG, Juan Manuel Vieites.

A presidenta de CEO, Marisol Novoa, e o seu homólogo na Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no marco da reunión. ALBERTE PAZ GARZA
A presidenta de CEO, Marisol Novoa, e o seu homólogo na Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no marco da reunión. ALBERTE PAZ GARZA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta