Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/06/2023 | Actualizada ás 11:54
A empresa Randstad publicou as previsións de contratación para este verán. En Galicia, esperanse 33.540 postos de traballo, un 13,2% máis que no verán de 2022. Esto supón un 6,6% do total de España.
Os sectores onde se crearán máis contratos serán o hoteleiro (37,4%), seguido do ámbito da loxística (28,9%). En menor cantidade, seguirán aos dous anteriores o comercio (15,6%), a hostelería (14,9%) e o ocio e entretemento (3,3%).
En relación aos datos por provincias, Pontevedra e A Coruña rexistrarán os volumes máis altos de contratación,14.390 e 13.100 respetivamente, seguidas por Lugo (3.730) e Ourense (2.320). En canto ao crecemento respeto ao verán do ano pasado, a variación máis grande darase en en Pontevedra (17%) e Ourense (13,2%), por diante dá Coruña (10,3%) e Lugo (9,9%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.