Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2023 | Actualizada ás 15:07
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves o lanzamento do novo programa 'Xacobeo Xove', que dará axudas de ata 200 euros a mozos de menos de 30 anos para facer o Camiño de Santiago.
A intención deste programa de subvencións, que se ofertarán a través de paquetes turísticos en axencias de viaxes, é chegar a 5.000 mozos a partir do mes de xullo. Unha das condicións será ter o 'Carné Xove' expedido pola Xunta.
Rueda detallou que o programa cubrirá ao redor da metade dos gastos de aloxamento e manutención a persoas de menos de 30 anos, ata un máximo de 200 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.