O comité de Navantia Ferrol anuncia mobilizacións na campaña electoral: "Van ser bastante incomodas para todos"

Ameazan con endurecer as protestas se non hai avances no novo plan industrial ou na negociación do convenio colectivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2023 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

O portavoz do comité de empresa de Navantia Ferrol, Miguel Pol (CC OO), asegurou que a campaña electoral das próximas eleccións xerais do 23 de xullo "non vai ser tranquila" se desde a dirección da empresa naval pública non hai avances no novo plan industrial ou na negociación do convenio colectivo.

Ditas manifestacións realizounas o representante social nunha rolda de prensa desenvolvida na mañá deste xoves ás portas do estaleiro e onde estiveron presentes integrantes de todos os sindicatos.

"Entendemos que estiveron xogando moito durante moito tempo, non mostroaron a vontade que se necesitaba para estes dous procesos de negociación", dixo Pol, incidindo que o vindeiro luns e martes, 12 13 de xuño, hai unha comisión intercentros onde está prevista a presenza do presidente de Navantia "para falar do plan industrial e do marco laboral, porque hai que pór toda a carne no asador".

Así, o representante sindical detallou que "hai moitos incumprimentos que veñen do plan industrial anterior, de investimentos e transformación, o taller da fábrica de bloques dixitais aínda non se materializou, a construción en seco segue sendo dalgunha maneira invisible para a xerencia".

MOBILIZACIÓNS "INCÓMODAS"

É por iso que Pol detallou que "de cara ás eleccións, a posible axenda de mobilizacións da que falaremos augura que será quente e que a campaña electoral terá moitos contratempos", ao manifestar que "as mobilizacións van ser bastante incomodas para todos, sobre todo para quen pensan que na campaña electoral en Ferrol vai estar tranquila".

Representantes do comité de Navantia en Ferrol
Representantes do comité de Navantia en Ferrol | Fonte: Europa Press

UGT

Por outra banda, UGT FICA esixiu a negociación dun plan de futuro para Navantia e reclamou medidas que garantan a continuidade de todos os estaleiros, así como cargas de traballo suficientes e estables para posibilitar a actividade plena tanto dos traballadores da compañía como da industria auxiliar.

As seccións sindicais de UGT FICA en Navantia mantiveron unha reunión de coordinación ao obxecto valorar a evolución da negociación que manteñen coa dirección de Navantia e acordar os pasos a adoptar para "asegurar que non se vai a producir ningún retroceso nas condicións e dereitos dos traballadores", informou o sindicato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta