A folga de letrados fai descender un 11,5% os casos nos tribunais no primeiro trimeste

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2023 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

Os órganos xudiciais galegos rexistraron no primeiro trimestre do ano 73.969 novos casos, o que supuxo unha diminución do 11,5 que no mesmo período de 2022. Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o número de procedementos por cada 1.000 habitantes situouse na comunidade en 27,4 fronte aos 34,1 de media estatal.

Así, a 31 de marzo, os xulgados e tribunais galegos tiñan 172.908 asuntos en trámite, un 12,9% máis que na mesma data do ano anterior. Ademais, resolvéronse 67.778 asuntos, un 21,2% menos que en 2022. Ante isto, o TSXG indicou que os datos se viron afectados pola folga dos letrados da Administración de Xustiza, que se prolongou desde o 23 de xaneiro ata o 28 de marzo.

POR XURISDICIÓNS

Desta forma, no primeiro trimestre de 2023 o ingreso de procedementos, en comparación coas mesmas datas de 2022, descendeu en todas as xurisdicións. En civil, un 15,8%; en penal, un 7,4%; na contencioso-administrativa, un 15,5%; e na social, un 6,5%.

Xulgados de Santiago / Europa Press / Europa Press
Xulgados de Santiago / Europa Press / Europa Press

No que se refire a as provincias, entre o 1 de xaneiro e 31 de marzo na Coruña, resolveron 22.434 asuntos e ingresaron 23.258, un 24,5% menos que no mesmo trimestre de 2022. Así, en Pontevedra recibiron 30.487 casos e finalizaron 25.347, o que supón un 17,2% menos; en Lugo entraron 9.106 novos procedementos e, na de Ourense, 6.310 e resolvéronse 8.933, un 6,6% menos e 5.626, 40,2% menos, respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta