Sabes canto gastarán os e as galegas nas vacacións deste verán?

A intención é gastar moito máis do que se gastou en 2022.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2023 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

O gasto medio previsto para as vacacións de verán de 2023 polos galegos é de 1.328 euros, o que supón un 31% máis respecto da intención de gasto mostrada en 2022 e é unha cifra superior á media española, de 1.174 euros, segundo o Observatorio Cetelem, que publica este venres o seu estudo de 'Intención de Gasto' en época estival.

Segundo este estudo realizado a partir dunha enquisa en liña entre un milleiro de maiores de 18 anos de idade, o 35,4% dos galegos enquisados ten intención de gastar menos nas vacacións de este verán, mentres que o 41,7% declara ter intención de realizar o mesmo desembolso que o ano anterior.

Descende ao 22,9% a porcentaxe de quen manifestan ter intención de gastar máis. Trátase dunha cifra inferior á da media española, na que a porcentaxe daqueles que aseguran ter intención de facer un maior desembolso é do 25,5%.

Un 52,1% dos galegos enquisados ten pensado saír de restaurantes este verán. É a actividade que maior porcentaxe de resposta ten, seguido por un 36,6% que manifestan que viaxarán dentro do territorio nacional a hoteis ou apartamentos e un 37,5% que afirma que irá de compras.

Sol e calor, o que buscan moitos galegos nas vacacións de verán
Sol e calor, o que buscan moitos galegos nas vacacións de verán | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta