Mario Brión (@olaxonmario): "Deberíase valorar moito máis o meu contido que o de Esther Estévez"

No primeiro episodio de Laretando pódcast falamos con Mario Brión, un youtubeiro moi coñecido en redes por tratar sobre minorías culturais, xeopolítica ou produtos culturais galegos.

Por Patricia Otero | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2023 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Xa temos aquí o primeiro episodio de Laretando, o novo pódcast do Galicia Confidencial! Nel, imos falar con creadores de contido galegos para coñecelos un pouquiño máis alá das pantallas.

Primeiro episodio de Laretando con Mario Brión @olaxonmario
Primeiro episodio de Laretando con Mario Brión @olaxonmario

No noso primeiro episodio temos a Mario Brión, máis coñecido en redes como @olaxonmario, un gran comunicador galego e unha gran persoa coa que pasamos un moi bo rato e coa que falamos dos seus inicios nas redes, do seu pódcast e de ser de Boiro, de deporte e tamén dos Premios Mestre Mateo, aos que estivo nomeado este ano como mellor comunicador.

Ah! E como non, tamén había que soltar algún que outro "dardiño"  -Esther Estévez prepárate aínda que te quere e te queremos ben ;-)- que a nós o que nos interesa son as "laretas" das redes sociais e xa avisamos que neste episodio hai moooito diso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xandre Bastos

Benquerido Mario, o teu galego está inzado de castelanismos e anglicismos. Saberás moitas linguas mais a túa quédache aínda moi lonxe do que fachendeas...