Siniestro Total, a atleta Susana Rodríguez e o oncólo Rafael López entre os receptores das Medallas Castelao 2023

Este galardón entrégase cada ano o 28 de xuño, para conmemorar o retorno a Galicia dos restos do intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2023 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou na súa reunión semanal deste xoves a relación dos condecorados coa Medalla Castelao neste ano 2023, entre os que están a escritora Ledicia Costas e a banda Sinistro Total.

Tamén serán recoñecidos con esta distinción autonómica o empresario Lino de Prado, a atleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio e o oncólogo Rafael López.

A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil que concede a Xunta e que recoñece a achega profesional e persoal de personalidades ou institucións polo seu traballo no ámbito artístico, literario, intelectual ou en calquera campo significativo para Galicia.

Este galardón entrégase cada ano o 28 de xuño, para conmemorar o retorno a Galicia dos restos do intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Rueda preside o Consello da Xunta.. Xunta de Galicia
Rueda preside o Consello da Xunta.. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta