Tres persoas feridas, dúas delas excarceradas, tras saírse da estrada na A-8 ao seu paso por Vilalba

O accidente tivo lugar pouco antes das 17 horas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2023 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas e dúas delas tiveron que ser excarceradas, tras sufrir unha saída de vía na A-8 ao seu paso polo municipio lucense de Vilalba. Segundo informou o 112, os bombeiros excarceraron ao condutor e ao copiloto do vehículo accidentado, e os tres implicados foron atendidos e trasladados en ambulancia ao hospital de referencia.

Faltaban poucos minutos para as 17 horas cando diversos particulares se puxeron en contacto co 112 Galicia para explicar este sinistro, que se produciu á altura da parroquia de Alba e en dirección Asturias. Xa desde un primeiro momento, varios dos alertadores indicaban que había persoas que non podían abandonar o vehículo polos seus propios medios.

Nada máis recibir a información, o 112 Galicia deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos servizos de mantemento da autovía. Os efectivos dos Bombeiros de Vilalba encargáronse de liberar as persoas que viaxaban na parte dianteira do coche e, finalmente, o tres serían trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

Axega 112 Galicia informa de accidente de tráfico con turismo implicado
Axega 112 Galicia informa de accidente de tráfico con turismo implicado | Fonte: Axega 112 Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta