Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/06/2023 | Actualizada ás 14:40
Que José Manuel Baltar marcha da Deputación de Ourense é unha realidade, pero que deixe a presidencia do PP de Ourense aínda está por ver, a pesar de que o presidente da Xunta anunciouno públicamente. Hoxe, dúas semanas despois, Alfonso Rueda evitou confirmar o que dixera tras o cabreo que colleu o propio Baltar. "Falamos. É certo que falamos. Pero as decisións que lle afectan persoalmente quere anuncialas el. Entendo perfectamente. Entendo que o que sexa o terá que anunciar el", dixo Rueda tentano enmedar o que dixo hai dúas semanas.
O presidente galego foi moi comedido nas súas declaracións para non volver danar a sensibilidade do presidente provincial do PP de Ourense e, mesmo, destacou os seus méritos políticos. "Eu sei as conversas que mantivemos e díxeno nunha entrevista nun medio. Baltar prestou servizos moi importantes á provincia e ao PP e se el quere pode ser útil en política e tamén ten o dereito a anunciar as cousas que lle corresponden", suliñou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. "Debe de ser el o que o anuncie", sinalou.
E sen confirmar que Baltar anunciará, cando o anuncie, que deixará tamén a Presidencia do PP de Ourense, Rueda evitou insistir nesa "conversa privada". Con todo, quedou claro que, probablemente, os dous falaron de novos destinos políticos para Baltar lonxe de Ourense. Por iso, o presidente galego foi contundente ao deixar claro que "non se sinte desautorizado" por Baltar.
"El dixo que daba un paso atrás na deputación en aras de gobernabilidade. Eu agredecinllo. Doutras decisións non dixo nada aínda e xa as anunciará el cando crea conveniente", indicou, dando a entender que haberá novos anuncios.
Do que non quixo falar Rueda foi do futuro presidente da Deputación de Ourense. "Está aínda en proceso de constitución, con dous partidos xusidicias por elixir deputados e, polo tanto é cedo falar de presidente", respondeu ao ser preguntado se o presidente será pactado entre el e Baltar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.