Por E.P. | A CORUÑA | 20/07/2023 | Actualizada ás 14:44
O complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) usou por primeira vez en Galicia a cirurxía robótica nun menor con malformación de condutos biliares, segundo informa.
En concreto, o pasado mes de xuño, un equipo multidisciplinar, formado por profesionais dos servizos de cirurxía xeral e dixestiva e cirurxía pediátrica, utilizaron o robot DaVinci para corrixir unha malformación dos condutos biliares a un menor de 10 anos.
O paciente sufría unha malformación congénita dos condutos biliares e, ante o risco de malignización, a opción terapéutica aconsellable era a extirpación e posterior reconstrución destes.
Actualmente, segundo informa o hospital coruñés, o paciente atópase dado de alta no seu domicilio e a súa evolución é moi satisfactoria.
Sobre este tipo de intervención, explica que "a abordaxe habitual desta patoloxía é mediante cirurxía convencional, aínda que en centros avanzados en cirurxía minimamente invasiva, os resultados obtidos mediante a abordaxe laparoscópica é igual de satisfactoria e cunha recuperación máis rápida".
E é que, apostila, "o sistema cirúrxico DaVinci permite realizar estes procedementos con maior precisión e control xa que proporciona un sistema de visualización 3D de alta definición, con gran ampliación e detalle do campo cirúrxico". "O cirurxián controla os brazos do robot desde unha consola, que traduce os movementos das súas mans en movementos precisos e escalados", indica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.